Los más vendidos

Información

Fabricantes

No hay fabricantes disponibles

Proveedores

No hay proveedores

    

O proxecto implica a boa parte dos axentes existentes no medio rural, asegurando unha ampla repercusión sobre o territorio, tanto polo volume de residuos que se poden xestionar como pola cantidade de hectáreas susceptibles de aproveitar correctamente os xurros e compostados. Neste proxecto Ecocelta participa de forma activa mediante a aportación de coñecementos científicos-técnicos para a revalorización biolóxica do xurrro de porcino en forma dun fertilizante de calidade mediante compostaxe e vermicompostaxe con miñocas e vermes. Por a sua banda, Coren, a coordinadora do grupo, encargase de realizar una  unha xestión axeitada dos xurros de porcino, co apoio do resto dos socios pretende  crear sinerxias duradeiras entre gandeiro e agricultor cara a unha interación co medio rural máis sostible, eficiente e respectuoso. O Ceteca e a USC estudarán os xurros procedentes de tres tipos de explotacions 30 en total (leitóns, precebo e cebo) e a adaptación a diferentes cultivos, e analizarán os diferentes compost obtidos. Empregarnase novas procesos para a compostaxe da fracción sólida de xurro de porcino, controlando os parámetros microbiolóxicos.