Los más vendidos

Información

Fabricantes

No hay fabricantes disponibles

Promociones especiales

Proveedores

No hay proveedores

FEDER 2020

Esta empresa foi beneficiaria dunha axuda "Re-acciona"

              ........................................................................................................

O proxecto AGHAVES “Interrelación Alimentación-Saúde para unha vellez saudable mediante nutrición funcional en base a materias primas da horta galega”, ten como obxectivo principal a obtención de produtos innovadores e saudables enfocados a cubrir as necesidades da poboación maior. En particular, desenvolveranse cremas vexetais de alto valor organoléptico e nutricional a partir de materias primas autóctonas suplementadas con diferentes ingredientes funcionais, que lle aportarán os micronutrientes necesarios para cubrir as carencias deste sector da poboación. Para desenvolver a estratexia proposta plantéxase unha actuación conxunta en todas as fases da cadea produtiva que implicará unha remodelación do proceso de produción de cremas vexetais hospitalarias, abarcando dende a produción de materia prima ata o desenvolvemento dos produtos que serán validados mediante a realizacción de estudios clínicos. Para iso, estableceuse un consorcio liderado por Freshcut, no que participan Ecocelta Galicia e o grupo hospitalario POVISA. Todos eles contan coa colaboración dos centros de investigación ANFACO-CECOPESCA, coordinador científico-técnico do proxecto, e INGACAL así como coa colaboración das empresas HORSAL e SIGMABIOTECH. Freshcut é unha compañía pertencente ao Grupo Frutas Nieves, que comercializa os seus produtos a través da marca rexistrada Galifresh e terá como obxectivo no proxecto o deseño e a elaboración de produtos de V gama a partir de verduras e hortalizas frescas da horta galega. Ecocelta Galicia, empresa creada para dar unha solución sostible a xestión ambiental dos residuos orgánicos, centrarase na valorización dos subprodutos xerados durante o proceso de elaboración dos produtos funcionais. Por último, o Hospital POVISA será o encargado de levar a cabo os ensaios clínicos para determinar a funcionalidade dos produtos elaborados o longo do proxecto e así establecer a interrelación entre nutrición e saúde, aportando en todas as fases o coñecemento do modelo de vida saudable. O Proxecto AHGAVES realizarase entre os anos 2018 e 2021, está subvencionado pola Axencia Galega de Innovación a través do Programa CONECTA PEME, apoiado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia e cofinanciado pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional “ Unha maneira de facer Europa”, dentro do obxectivo temático 1, promover o desenvolvemento tecnolóxico, a innovación e unha investigación de calidade.

Principales avances do proxecto

Anualidade 2019. Os membros do consorcio remataron de definir as especificacións dos produtos e as necesidades dos procesos que deben desenvolver para lograr una xestión integral da cadea de produción. Ademais, iniciáronse as probas para obter fertilizantes innovadores a partir de subprodutos vexetais da elaboración de cremas. Por outra banda, desenvolvéronse formulacións de cremas funcionais que serán sometidas ás primeiras probas organolépticas do estudo de intervención clínica en anciáns.

Anualidade 2020. Os membros do consorcio continuaron a desenvolver diferentes formulacións de cremas vexetais funcionais dirixidas a anciáns para seleccionar as idóneas para o desenvolvemento do estudo de intervención clínica. As propiedades saudables destas cremas tamén se estudaron no laboratorio a través de bioensaios bioquímicos, estudos nutricionais e funcionáis en liñas celulares. Cos subprodutos obtidos da elaboración das cremas continuáronse a desenvolver fertilizantes e estudouse a obtención de biogás e compostos bioestimulantes, entre outras aplicaicóns.

Anualidade 2021. Os membros do consorcio finalizaron o estudio clínico que se realizou coas cremas vexetais desenvolvidas no ámbito do proxecto seleccionadas para este fin. O estudio clíncio completouse coa realización de estudios de bioaccesibilidade e biodixestibilidade in vitro para avaliar a interacción dos minerais presentes nas cremas con medicamentos que son consumidos por este sector da poboación de xeito fecuente.

Conclusións finais:

  •  Identificáronse as necesidades nutricionais das persoas maiores principalmente en relación coa achega de diferentes tipos de fibra e minerais de interese para este sector da poboación que tería o consumo habitual de vexetais.
  •  Seleccionáronse as especies vexetais para realizar as probas de cultivo e estudar os cambios nas súas características nutricionais e funcionais segundo a variedade cultivada e as condicións de cultivo empregadas.
  •  Formuláronse e desenvolvéronse diferentes receitas de cremas vexetais que se caracterizaron organoléptica nutricional e funcionalmente e que incluían diferentes variedades vexetais propias do agro galego e outros ingredientes que complementaban as propiedades nutricionais e funcionais do produto final.
  •  Propúxose unha estratexia para o manexo de subprodutos vexetais e identificáronse as melloras potenciais no proceso de produción de cremas vexetais, estudando o ciclo de vida realizado nun dos prototipos finais.
  •  Desenvolveuse un estudo de intervención clínica en persoas maiores institucionalizadas en residencias para avaliar o efecto do consumo das cremas vexetais desenvolvidas no seu benestar.
  •  Os resultados do estudo clínico demostraron que as cremas vexetais desenvolvidas no ámbito do proxecto AHGAVES melloraron o ritmo intestinal, aliviaron a periodicidade, consistencia e aspecto das feces e favoreceron a diminución da polifarmacia ao retirarse os laxantes.

........................................................................................................


Intacta Gestión Ambiental SL participa no proxecto denominado “GESTALGAR: Xestión integral de algas de arribazón en Galicia. Valoración por compostaxe biolóxica

O obxectivo principal do proxecto é deseñar, desenvolver e validar novos equipos, produtos e procesos de valorización do refugallo de algas de arribazón para aplicacións agronómicas e de remediación ambiental de terreos afectados polo lume, taludes e augas ácidas.

Este proxecto encaixa dentro da Estratexia Rexional de Especialización Intelixente de Galicia, RIS3, como proxecto de valorización dos recursos do mar.

O consorcio do proxecto está formado polas seguintes empresas galegas:

  • Intacta Gestion Ambiental SL

  • Ecocelta Galicia SL

  • Demaux Manufacture SL

O proxecto conta tamén coa colaboración do Centro Tecnolóxico do Mar (CETMAR) e do Instituto Galego de Calidade Alimentaria (INGACAL).

Este proxecto foi subvencionado pola Axencia Galega de Innovación no marco da convocatoria 2018 do programa Conecta PEME. Foi apoiado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia e conta con cofinanciación do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do Programa Operativo FEDER Galicia 2014 – 2020, Obxectivo temático 1: “Promover o desenvolvemento tecnolóxico, a innovación e unha investigación de calidade”

Principales avances del proyecto

Anualidad 2018:

Durante la anualidad 2018 se desarrollaron las tareas de estudio del estado del arte del compostaje biológico de algas de arribazón y su aplicación industrial y de la maquinaria industrial específica. Se determinaron las especificaciones preliminares de diseño del prototipo y se dio comienzo a la elaboración de la documentación técnica de diseño del mismo. Se dio comienzo a la selección de áreas de trabajo del proyecto.

Anualidad 2019:

Durante la anualidad 2019 se han realizado las tareas de caracterización de algas de arribazón en la zona de Redondela, fueron sometidas a preparación, acondicionamiento y compostaje para desarrollar distintas formulaciones de compost de algas, sustrato de abono, hidrosiembra y recebo que fueron sometidas a análisis de laboratorio. Se realizó la extracción y preparación de un bioestimulante líquido a partir del extracto de algas. Se finalizó el diseño y montaje del prototipo de tratamiento de algas.

Anualidad 2020:

Durante la anualidad 2020 se han finalizado los trabajos relativos a las pruebas en campo del prototipo definitivo de tratamiento de algas y de los productos desarrollados para aplicaciones agronómicas y para el tratamiento de suelos afectados por incendios, regeneración de taludes y tratamiento de aguas ácidas. En diciembre se realizaron dos jornadas demostrativas del funcionamiento del prototipo en campo: el día 16 en Mugardos, con asistencia exclusiva de miembros del equipo del proyecto, y el día 22 en Campelo, con la asistencia de prensa y miembros de distintos grupos de interés como cofradías y administraciones locales.

........................................................................................................

Título: Programa Innova Peme.

Entidades Participantes: Ecocelta Galicia.

Duración: Noviembre 2017 a Noviembre 2018

Axuda: 76.784,44 €

Financiamento: 50% fondos FEDER

........................................................................................................

COWARE: Desarrollo de tecnología para co-digestón anaerobia de residuos

Desenvolvemento de tecnoloxías para a descomposición simultánea dunha mestura homoxénea de dous ou máis substratos orgánicos co obxectivo de:

- Maximizar a produción de biogás.

- Manter a estabilidade do proceso.

- Obter a mestura óptima dos substratos.

- Realizar unha diagnose de estabilidade do proceso.

Proyecto de I+D+i para el desarrollo de un sistema de optimización, monitorización y control aplicado a la co-digestión anaerobia de residuos, cofinanciado por el Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER) en el marco del programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

Subvención concedida: 80.248,29 €

Dirección General de Política Regional (Comisión Europea)

Dirección General de Fondos Comunitarios (Ministerio de Economía y Hacienda)