Back

Apoyo institucional

«Plan de Impulso de la sostenibilidad y competitividad de la agricultura y la ganadería (III): inversiones en agricultura de precisión, eficiencia energética y economía circular en el sector agrícola y ganadero» Sistemas de gestión de estiércoles en ganadería en Galicia 2023 Agricultura de precisión y tecnologías 4.0 en el sector agrícola y ganadero en Galicia 2023

Galicia Avanza Programa de aceleración para a internacionalización de PEMES Especializado na comercialización internacional da innovación

FEDER

BONO DE INNOVACIÓN DE ECOCELTA GALICIA SL (005)

Para promover o desenvolvemento tecnolóxico, a innovación e unha
investigación de calidade. Esta operación está financiada pola Xunta de Galicia, a través de axudas concedidas pola Axencia Galega de Innovación, dentro do programa de axudas a empresa Bonos de innovación 2022

Programa Re-acciona

Conseguir un tecido empresarial máis competitivo e promover o desenvolvemento tecnolóxico, a innovación e unha investigación de calidade

Proxecto AGHAVES “Interrelación Alimentación-Saúde para unha vellez saudable mediante nutrición funcional en base a materias primas da horta galega”

O proxecto AGHAVES “Interrelación Alimentación-Saúde para unha vellez saudable mediante nutrición funcional en base a materias primas da horta galega”, ten como obxectivo principal a obtención de produtos innovadores e saudables enfocados a cubrir as necesidades da poboación maior. En particular, desenvolveranse cremas vexetais de alto valor organoléptico e nutricional a partir de materias primas autóctonas suplementadas con diferentes ingredientes funcionais, que lle aportarán os micronutrientes necesarios para cubrir as carencias deste sector da poboación. Para desenvolver a estratexia proposta plantéxase unha actuación conxunta en todas as fases da cadea produtiva que implicará unha remodelación do proceso de produción de cremas vexetais hospitalarias, abarcando dende a produción de materia prima ata o desenvolvemento dos produtos que serán validados mediante a realizacción de estudios clínicos. Para iso, estableceuse un consorcio liderado por Freshcut, no que participan Ecocelta Galicia e o grupo hospitalario POVISA. Todos eles contan coa colaboración dos centros de investigación ANFACO-CECOPESCA, coordinador científico-técnico do proxecto, e INGACAL así como coa colaboración das empresas HORSAL e SIGMABIOTECH.

"GESTALGAR: Xestión integral de algas de arribazón en Galicia. Valoración por compostaxe biolóxica"

Intacta Gestión Ambiental SL participa no proxecto denominado “GESTALGAR: Xestión integral de algas de arribazón en Galicia. Valoración por compostaxe biolóxica

O obxectivo principal do proxecto é deseñar, desenvolver e validar novos equipos, produtos e procesos de valorización do refugallo de algas de arribazón para aplicacións agronómicas e de remediación ambiental de terreos afectados polo lume, taludes e augas ácidas.

Este proxecto encaixa dentro da Estratexia Rexional de Especialización Intelixente de Galicia, RIS3, como proxecto de valorización dos recursos do mar.

O consorcio do proxecto está formado polas seguintes empresas galegas:

  • Intacta Gestion Ambiental SL

  • Ecocelta Galicia SL

  • Demaux Manufacture SL

O proxecto conta tamén coa colaboración do Centro Tecnolóxico do Mar (CETMAR) e do Instituto Galego de Calidade Alimentaria (INGACAL).

Este proxecto foi subvencionado pola Axencia Galega de Innovación no marco da convocatoria 2018 do programa Conecta PEME. Foi apoiado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia e conta con cofinanciación do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do Programa Operativo FEDER Galicia 2014 – 2020, Obxectivo temático 1: “Promover o desenvolvemento tecnolóxico, a innovación e unha investigación de calidade”

Plan de innovación 2017-2018

Esta empresa participa no Programa InnovaPeme, cuxo resultado é favorecer a sistematización e internacionalización das PEME, mellorando a súa capacidade inovadora.

Operación cofinanciada pola Unión Europea
Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020

Programa Re-Acciona: servizos de análise do potencial competitivo, profesionalización e desenvolvemento estratéxico

Esta empresa participa no Programa Re-Acciona, cuxo resultado é favorecer o crecemento e consolidación
das PEME, mellorando a sua financiación, tecnoloxía e aceso a servizos de apoio avanzados

COWARE: Desarrollo de tecnología para co-digestón anaerobia de residuos

Desenvolvemento de tecnoloxías para a descomposición simultánea dunha mestura homoxénea de dous ou máis substratos orgánicos co obxectivo de:

– Maximizar a produción de biogás.

– Manter a estabilidade do proceso.

– Obter a mestura óptima dos substratos.

– Realizar unha diagnose de estabilidade do proceso.

Proyecto de I+D+i para el desarrollo de un sistema de optimización, monitorización y control aplicado a la co-digestión anaerobia de residuos, cofinanciado por el Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER) en el marco del programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

FEADER

“Sistema modular de vermigestión de purines para su valorización como fertilizante - AGROPURÍN”

Esta empresa é beneficiaria dunha axuda para o desenvolvemento do proxecto titulado “Sistema modular de vermigestión de purines para su valorización como fertilizante – AGROPURÍN” por un importe total de 123.558,90 euros e ao amparo da Resolución do 3 de febreiro de 2021 (DOG nº 33, do 18 de febreiro de 2021), pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o apoio de proxectos piloto, desenvolvemento de novos produtos, prácticas, procesos e tecnoloxías no ámbito agroforestal, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2021.

A finalidade do proxecto q é deseñar e implantar unha planta piloto sostible ambiental e economicamente para depuración de xurros nunha instalación existente. Obtención de subprodutos cun valor agronómico que poidan ser almacenables e distribuídos reducindo a incidencia e impacto ambiental de calquera explotación porcina

VIVEDEPUR: Viveiro de plantas macrófitas autóctonas de Galicia para plantas depuradoras”

O proxecto implica a boa parte dos axentes existentes no medio rural, asegurando unha ampla repercusión sobre o territorio, tanto polo volume de residuos que se poden xestionar como pola cantidade de hectáreas susceptibles de aproveitar correctamente os xurros e compostados. Neste proxecto Ecocelta participa de forma activa mediante a aportación de coñecementos científicos-técnicos para a revalorización biolóxica do xurrro de porcino en forma dun fertilizante de calidade mediante compostaxe e vermicompostaxe con miñocas e vermes. Por a sua banda, Coren, a coordinadora do grupo, encargase de realizar una  unha xestión axeitada dos xurros de porcino, co apoio do resto dos socios pretende  crear sinerxias duradeiras entre gandeiro e agricultor cara a unha interación co medio rural máis sostible, eficiente e respectuoso. O Ceteca e a USC estudarán os xurros procedentes de tres tipos de explotacions 30 en total (leitóns, precebo e cebo) e a adaptación a diferentes cultivos, e analizarán os diferentes compost obtidos. Empregarnase novas procesos para a compostaxe da fracción sólida de xurro de porcino, controlando os parámetros microbiolóxicos.

Financiado por el Programa KIT Digital. Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia de España "Next Generation EU"